Tres Vellas en Tres Festivais

xoves, 16 xullo, 2020

Minixira festivalera estival de TRES VELLAS (Polo Menos), o marabilloso espectáculo de palabras cruzadas de Guti, Celso Sanmartín e Quico Cadaval.

- O sábado 18 de xullo no VIII Ciclo de Perto do Barco de Valdeorras (ás 20:30 horas no Xardín da Casa Grande de Viloria. Entradas de balde ata completar aforo).

- O domingo 19 de xullo na XXXVI MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia (ás 20:00 horas na Praza de San Xoán. Entrada de balde con convite. Os convites poden ser recollidos unha hora antes do comezo da función).

- O martes 21 de xullo no Ciclo Artes Vivas de Pontevedra (ás 22:00h nas Pistas de Campolongo. Entrada de balde ata completar aforo).

Tres Vellas (polo menos), un dos mellores espectáculos de narración oral do panorama internacional.

Web Design by nlocal