Shakespeare para Ignorantes no Día Mundial do Teatro

mércores, 18 marzo, 2015

O vindeiro 27 de marzo Mofa & Befa en colaboración con A Senra Café, celebran o Día Mundial do Teatro con SHAKESPEARE PARA IGNORANTES no Centro Cultural Ponte Vella en Pontevea (Teo).

A función comezará ás 22 horas e as entradas están á venda en A Senra Café e nas Bodeguillas de San Roque, San Lázaro e Santa Marta.

Ademáis, haberá autobuses que conectarán as Bodeguillas de SAn Lázaro e San Roque con Cacheiras e Pontevea. Máis información nos puntos de venda.

Celebra o Día Mundial do Teatro connosco!

Web Design by nlocal