SHAKESPEARE PARA IGNORANTES con música en directo

mércores, 9 maio, 2012

Por primeira vez en Galicia, "Shakespeare para Ignorantes" estará ilustrado pola música en directo de Fernando Reyes, un dos mellores músicos medievais e do barroco. As melodias shakesperianas inundarán o Principal e serviran de apoio a conferencia do profesor Cadaval e da compañía de teatro clásico Mofa e Befa.

A unión de Mofa e Befa, Quico Cadaval, Fernando Reyes e mais Shakespeare tivo grande éxito en dous importantes escenarios, o Corral de Comedias de Alcalá de Henares (febreiro 2012) e Clásicos en Alcalá (xuño 2010).

As dúas únicas funcións en Galicia serán no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 30 e 31 de maio (21.00 horas). As entradas están á venda na billeteira do Teatro Principal (de martes a sábado de 18 a 21h) e na billeteira virtual de Novagalicia Banco (día 30 - día 31) e custan 10€ e 6€ no anfiteatro (+ gastos de xestión).

Unha cita inesquecible.

Web Design by nlocal