Shakespeare en Ponferrada

luns, 24 outubro, 2011

O venres 28 de outubro, Mofa e Befa achéganse ó Teatro Bergidum de Ponferrada con "Shakespeare para Ignorantes". Esta é a última oportundiade de ver este espectáculo fora de Galicia en 2011.

"Shakespeare para Ignorantes" comezará ás 21.00 horas es as entradas están á venda pinchando aquí.

Tras Ponferrada, "Shakespeare para Ignorantes" visitará Padrón o 5 de novembro e o 16 de dcembro O barco de Valdeorras.

E xa en febreiro de 2012, Mofa e Befa e mais Quico Cadaval retornarán a Alcalá de Henares onde xa estivo o ano pasado dentro da programación de Clásicos en Alcalá. Mais nesta ocasión non será no festival se non no prestixioso Corral de la Comedia de Alcalá. Duas actuacións moi especiais coa música en directo de Fernando Reyes. Una cita inesquecible os días 10 e 11 de febreiro.

Web Design by nlocal