Shakespeare en Gran Canaria

luns, 13 outubro, 2014

Esta semana, Mofa & Befa e mais Quico Cadaval, estarán en Canarias presentando SHAKESPEARE PARA IGNORANTES.

Serán dúas funcións en Gran Canaria. A primeira de elas dentro da programación do XVII Festival do Sur - Encuentro Teatral Tres Continentes. Será en Agüimes o xoves 16 de outubro ás 21 horas (no Teatro Cruce de Culturas en Cruce de Arinaga).

A seguinte función será o sábado 18 no Auditorio de Teror (20.30h). Esta función está incluida na programación do programa Platea promovida polo INAEM. As entradas están á venda premando no seguinte enlace.

Web Design by nlocal