Semana chea de Funcións Excéntricas

luns, 9 marzo, 2020

Temos unha semana chea de funcións. Atentas e atentos...

 

- Hoxe, Luns 9, 2 novas funcións de CARTOÓNS para colexios na Sala Ártika de Vigo.

- Martes 10, 2 funcións máis de CARTOÓNS en Artika para coles e ademáis QUICO CADAVAL estará na XX Mostra de Teatro Clásico con COMPLEXO DE EDIPO (ás 20:30h no C.S.O Vello Cárcere. Entrada gratuita ata completar aforo)

- Mércores 11 derradeira función escolar de CARTOÓNS na Sala Ártika Cultura E Arte

- Xoves 12, MEDIDA X MEDIDA na XX Mostra de Teatro Clásico de Lugo (ás 20:30h no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Entradas á venda en www.entradaslugo.es)

- Venres 13, MEDIDA X MEDIDA na Casa da Cultura de Milladoiro no Concello Ames (21:00h). Entarda á venda premando no enlace.

- Sábado 14, NOITES DE RETRANCA de Rababiero Promocións Artísticas no Teatro AFundación de Pontevedra. Con Mofa & Befa, Quico Cadaval e Celso Sanmartín (21:00h). CANCELADO POR MOR DO CORONAVIRUS

- Domingo 15, CARTOÓNS, no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Ás 19:00h no Pazo da Cultura. 3€

- E rematamos o luns 16 coutra función matinal de CARTOÓNS para centros de ensino no Salón do Libro de Pontevedra.

Web Design by nlocal