Románticos! no Festival Internacional de Teatro Cómico de Maia

luns, 16 setembro, 2013

Tralo Bicentenario de García Gutierrez en Chiclana de la Frontera no mes de xullo e o Fetega de Carballiño o 3 de setembro, ROMÁNTICOS! continúa a súa xira festivalera.

O espectáculo de Mofa & Befa, Quico Cadaval e mais Piti Sanz abrirá a edición deste ano do Festival Internacional Cómico de Maia. A cita será este venres 20 de setembro ás 22.30h (hora portuguesa) no Auditorio Grande do Forum de Maia.

E atención porque haberá personaxes especiais que visitaran por primeira e única vez a pasarela romántica de Mofa & Befa.

Web Design by nlocal