Remata novembro e comeza decembro...

martes, 26 novembro, 2019

...con moito teatro Excéntricas:

O venres 29, no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras (21:00 horas), MEDIDA X MEDIDA.

O sábado 30 remata a xira de outono de CARPE DIEM con función no Auditorio Municipal do Concello de Padrón (19:30 horas).

Tamén o sábado, mais ás 20:30 horas, QUICO CADAVAL estará en Carucedo, cunha sesión de contos como fin de festa de "II Premios Morais: O Fiandón da Aldea"

E o domingo 1 de outubro, QUICO CADAVAL fai doblete. Estará con Conversatorio en Pontevedra dentro do Culturgal (de 16h a 17h) e ás 20:00 horas levará "Vacas, Guerras, Porcos e Cregos" ao Teatro Principal da Estrada.

Web Design by nlocal