"Un Cranio Furado - A Skull in Connemara"

martes, 21 setembro, 2010

"Un cranio furado - A Skull in Connemara", o novo proxecto da compañía, é unha coprodución de Producións Teatráis Excéntricas e o Festival Internacional de Outono de Carballo.

 “Un cranio furado" é a adaptación de “A skull in Connemara” do prestixioso dramaturgo anglo-irlandés Martin Mc Donagh, incluida na “Triloxía de Leenane” actualmente de xira mundial da man do Druid Theatre de Galway (Irlanda) . Para “Un cranio furado” PT Escéntricas convidou a Dorotea Bárcena e a Santi Romay, que contraescenan cos dous actores da compañia, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

Non é unha comedia de terror, non é un policial inglés, non é unha serie de TV de forenses, non é unha Festa dos Difuntos, non é un esperpento...mais ten un pouco de todo.

A estrea será o vindeiro 15 de outubro no Fiot de Carballo.

Web Design by nlocal