"A Cabeza do Dragón" pechará a 33ª Edición da MIT de Ribadavia

venres, 23 xuño, 2017

O Dragón está a durmir tras unha intensa e marabillosa xira de 25 funcións nos primeiros meses de 2017 con funcións en Santiago de Compostela, A Coruña, O Barco, Cangas, Carballo, Muros, Vigo, Oleiros, A Illa de Arousa, Bertamiráns, Noia, A Pobra do Caramiñal, A Estrada, Rianxo, Cariño, Lalín, Matosinhos e Narón.

Mais espertará o vindeiro 24 de xullo para pechar a 33ª Edición da MIT, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. A función comezará ás 23:00 horas no Castelo de Ribadavia.

Para mercar as entradas e ver o fantástico programa da MIT, podes visitar a súa web, www.mitribadavia.com

Esta será a única función de "A Cabeza do Dragón" nov erán, mais en outono, continuará a xira, sendo estas, as primeiras datas confirmadas:

- 7 de outubro en Vimianzo

- 27 de outubro en Arteixo

- 18 de novembro en Outes

- 9 de decembro en Lugo

- 17 de decembro en Ourense

Web Design by nlocal