"A Cabeza do Dragón" gañadora de 4 María Casares

venres, 23 marzo, 2018

O pasado 21 de marzo celebróuse no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña a XXII Edición dos Premios de Teatro María Casares organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Iván Marcos (Mellor Actor Protagonista), Víctor Mosqueira (Mellor Actor Secundario), Quico Cadaval (Mellor Adaptación/Tradución) e Suso Montero (Mellor Vestiario) foron os gañadores nunha gala inesquecible dun espectáculo que xa forma parte da historia do teatro galego grazas a súas 40 funcións, máis de 15.000 espectadores, ser o primeiro Valle-Inclán en galego e agora 4 María Casares.

Ademáis "A Cabeza do Dragón" tivo 3 finalistas máis: Qucio Cadaval a Mellor Dirección, Josito Porto a Mellor Actor Secundario e Baltasar Patiño á Mellor Iluminación.

A vindeira cita en Galicia do Dragón será o 19 de agosto na IV Semana do teatro de Cee.

 

 

Web Design by nlocal