Quico Cadaval, Premio Xiria ao Labor Teatral 2020

luns, 6 xullo, 2020

A organización da XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas concede o Premio Xiria ao Labor Teatral 2020 ao autor, director, actor e narrador,  Quico Cadaval, pola súa inesgotable creatividade, da que destaca a súa arte, única e xenial, na narración oral, capaz de conxugar o  imaxinario colectivo galego co universal, cun dominio asombroso da lingua, tanto popular, culta como musical, transmitindo valores, cultura, espazos, historias e Historia, cunha narrativa, cuasi shakespeariana. 

A entrega do premio será o xoves 9 de xullo ás 21:00 horas.

Web Design by nlocal