Quico Cadaval no Filba 2010

mércores, 1 setembro, 2010

Quico Cadaval e os seus Fantasmas Familiares son uns dos invitados do II Festival Internacional de Literatura de Bos Aires (FILBA 2010).

Dende hoxe e ata o vindeiro 5 de setembro, as rúas de Bos Aires serán testemuñas cotiás do transcorrer da literatura. No medio do ritmo diario da cidade encontrámonos con espazos que funcionan como verdadeiros refuxios das ideas e as palabras: cafés, esquinas, librarías, centros culturais.

A presente edición FILBA propón ampliar os límites dese percorrido urbano integrando diversas tradicións a través de lecturas, diálogos, performances e debates.

Un encontro entre escritores, pensadores, artistas e público en xeral que busca promover cruzamentos interdisciplinarios entre a literatura e outras expresións artísticas.

A actuación de Quico Cadaval, será o sábado 4 de setembro ás 16.30 horas na Villa Ocampo (Elortondo 1811 - Beccar, Pcia. de Buenos Aires).

 Para máis información visita a web do festival, www.filba.org.ar

Web Design by nlocal