Pequena xira de maio de "Sempre ao Lonxe"

luns, 2 maio, 2011

Esta fin de semana ten 3 funcións de Sempre ao Lonxe repartidas por toda Galiza nunha pequena xira.

Comezamos o sábado 7 no Centro Cultural Xinzo de Ponteareas. A función comezará ás 22.00 horas.

Ó día seguinte, partimos a Laracha para actuar no Pub d'Antón (22.30h).

E rematamos no Café Auriense de Ourense o luns 9 de maio, ás 21.30h.

3 citas inesquecibles para disfrutar de novo, o por primeira vez, dun dos clásicos de Mofa e Befa e Piti Sanz.

Web Design by nlocal