Peche da xira de Outono de Os Amores de Jacques o Fatalista

luns, 12 decembro, 2016

O 29 de xaneiro estrenamos no Pazo da Cultura de Carballo OS AMORES DE JACQUES O FATALISTA a nova produción de Excéntricas con grande éxito e unha grande ovación do público. Exito repetido nas funcións posteriores en Muros, Noia, Santiago de Compostela, A Estrada e A Rúa, O Barco de Valdeorras, Oleiros, Vilagarcía, Ortigueira, Cangas, Ourense, Matosinhos (estrea en Portugal), Pontevedra, Arteixo, Moaña, Rianxo e Milladorio. Máis de 25 funcións que fixeron que Jacques, o seu amo, a posadeira, o músico e o resto das personaxes que interpretan o universo de Diderot sexan o grande estreno de 2016.

O espectáculo, protagonizado por Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e mais Mon Orencio alias Mr.Cool, todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval, pecha este venres 16 de decembro a sua xira de outono en Lalín. Os datos da función son os seguintes:

- 16 de decembro: Lalín - Salón Teatro - 21:30 horas - Prezo das entradas 5€ (4€ no caso de reservar no whatsapp 618752105 ou escribindo a ruben.excentricas@gmail.com)

E xa no inverno, Jacques continuará percorrendo Galiza.

 

 

 

Web Design by nlocal