Os Inocentes en Burela e Cee

luns, 15 outubro, 2018

Esta semana temos dúas novas citas con "Os Inocentes" de Cadaval, un espectáculo épico en todos os sentidos da palabra. Unha noite inesquecible coa Illa de San Simón e a Guerra Civil como telón de fondo.

O venres 19, Cadaval estará no Auditorio de Burela (21:00h) e ao día seguinte, sábado 20, na casa da Cultura de Cee (20:00h).

Estas non son ás únicas citas do outono cos Inocentes pois o espectáculo de Cadaval estará o 27 de outubro en Vimianzo, o 2 d enovembro en Carnota e o 24 de novembro en A Rúa.

Web Design by nlocal