Os amores de Jacques o fatalista en A Coruña

martes, 10 xaneiro, 2017

Os amores de Jacques o fatalista, un dos grandes espectáculos galegos de 2016, abre a sua tempada 2017 con dúas funcións no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, o venres 13 e sábado 14 de xaneiro ás 20:30 horas.

O espectáculo, protagonizado por Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e mais Mon Orencio alias Mr.Cool, todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval, ten confirmadas as seguintes datas:

- 13 e 14 de xaneiro - A Coruña - Teatro Rosalía de Castro - 20:30h - Entradas á venda en Ticketea.

- 28 de xaneiro - Allariz -Casa da Cultura

- 04 de febreiro - Vimianzo - Casa da Cultura

- 08 de abril - Tomiño - Casa da Cultura

Esperamos confiramr novas datas nas vindeiras semanas.

 

 

 

Web Design by nlocal