OESTE SOLITARIO pecha temporada en A Coruña

mércores, 30 maio, 2012

Este venres e sábado 1 e 2 de xuño, OESTE SOLITARIO pecha a súa temporada 2011-2012 con dúas funcións no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña (20.30h).

As entradas están á venda nos puntos habituais de venda de entradas na cidade herculina e na web de Servinova.

OESTE SOLITARIO regresa o Teatro Rosalía onde o pasado 3 de abril gañou 3 Premios de Teatro María Casares nas seguintes categorías: Evaristo Calvo (Mellor Actor Protagonista), Octavio Mas (Mellor Iluminación) e mais Avelino González (Mellor Adaptación-Tradución). Ademáis, de ser finalista en Mellor Espectáculo, Mellor Actriz Secundaria (María Lado) e Mellor Música Orixinal (Piti Sanz).

OESTE SOLITARIO tamén foi finalista dos Premios Max na categoría de Mellor Espectáculo Revelación.

OESTE SOLITARIO de Martin McDonagh está protagonizada por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa, todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval.

OESTE SOLITARIO foi un dos espectáculos con maior número de funcións e maior número de espectadores na tempada que está a piques de rematar. mais o 25 de xullo, comezará a xira do segundo semestre e que levará ós Irmáns Connor, Girleen e o Padre Welsh, por toda Galicia ata o Nadal. As datas confirmadas son as seguintes:

- 25 de xullo - Ribadavia - Mostra Internacional de Teatro.

- 28 de setembro - O Barco de Valdeorras - Teatro Lauro Olmo

- 27 de outubro - Outes - Casa da Cultura

- 16 de novembro - Arteixo - Centro Cívico Cultural

- 17 de novembro - Tui - Teatro Municipal

- 1 de decembro - O Carballiño - Aula Municipal

- 22 de decembro - Muros - Centro Cultural e Xuvenil.

Web Design by nlocal