OESTE SOLITARIO finalista nos MAX

luns, 20 febreiro, 2012

OESTE SOLITARIO, o último espectáculo de Excéntricas, é finalista na XV Edición dos Premios Max na categoría de Mellor Espectáculo Revelación.

O ano pasado, Quico Cadaval xa gañou o Premio max ó Mellor Autor Teatral en Galego por "Shakespeare para Ignorantes".

A gala deste ano será o vindeiro 30 de abril no Teatro Circo Price de Madrid.

OESTE SOLITARIO de Martin McDonagh está protagonizada por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa, todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval.

En marzo comezará a xira de primaveira de OESTE SOLITARIO que visitará as seguitnes cidades:

- 16 de marzo - A Estrada - Teatro Principal.

- 17 de marzo - Vilagarcía de Arousa - Auditorio Municipal

- 24 de marzo - Oleiros - Auditorio Gabriel García Márquez.

- 20, 21 e 22 de abril - Santiago de Compostela - Salón Teatro.

- 28 de abril - Viveiro - Teatro Pastor Díaz.

- 05 de maio - Cangas - Auditorio Municipal.

- 17 de maio - Ourense - Teatro Principal.

- 25 de maio - Bertamiráns - Casa da Cultura.

- 1 e 2 de xuño - A Coruña - Teatro Rosalía de Castro

Web Design by nlocal