O Pior de Mofa & Befa nos Magostos no Gaias

xoves, 17 outubro, 2013

Xa chegan os "Magostos do Gaias" un festival que conta coa presenza de Milladoiro (18 outubro), Marful (25 outubro) e Mofa & Befa coa súa antolóxica de "O Pior de Mofa & Befa", espectáculo que pechará o festival este ano o 31 de outubro e que será unha grande festa de Samain.

Tras levar "O Pior de Mofa & Befa" por A Coruña. Vigo, Pontevedra, Ourense e Santiago (con 4 funcións no 2011), o dúo cómico formado por Evaristo Calvo e mais Víctor Mosqueira visitarán por primeira vez a Cidade da Cultura. E terán moitos compañeiros para celebrar esta festa chea de música e humor. Quico Cadaval, Piti Sanz e mais Fran Pérez "Narf" farán de "O Pior de Mofa & Befa", una noite inesquecible.

Como o resto de funcións, a hora de comezo será ás 21 horas na Sala -1 do Museo de Galicia, mais a partir das 20 horas, haberá un magosto gratuito ofrecido pola Cantina da CdC coa colaboración de Castañas de Galicia.

As entradas custan de forma anticipada 9€ (Zona A) e 6€ (Zona B) máis gastos de xestión e 11€ e 8€ o día de función. As entradas xa están á venda en Servinova.

Ven a celebrar o magosto con Mofa & Befa.

Web Design by nlocal