O Dragón voa de novo polos escenarios galegos

mércores, 19 abril, 2017

Esta fin de semana comeza a segunda parte da xira de "A Cabeza do Dragón", un dos grandes éxitos teatrais da tempada. Dende a súa estrea o 3 de marzo, máis de 4.000 espectadores desfrutaron de Valle-Inclán falando galego nas 13 funcións feitas en Compostela, A Coruña, O Barco de Valdeorras, Cangas, Carballo e Muros.

Vigo e Oleiros serán as cidades onde comezará esta segunda parte da xira con dúas funcións no Auditorio Municipal de Vigo (venres 21 ás 21:00h) e no Auditorio gabriel García Márquez de Mera en Oleiros o sábado 22 ás 20:30 horas.

Web Design by nlocal