O 3 de xullo volve o teatro de Excéntricas

martes, 23 xuño, 2020

ACTUALIZACIÓN!!! 

Por mor de choivas, os AUTOCONTOS en Ribeira de Francisco Cadaval Quico Cadaval deste venres son adiados ao 3 de xullo. Toda a información e venda de entradas en www.janproducciones.com

----

Este venres 26 de xuño por fin Excéntricas retorna ao teatro ainda que para iniciar esta "nova normalidade" imos facelo dunha maneira totalmente orixinal.

O encargado de abrir un semestre cheo de funcións será QUICO CADAVAL cuns AUTOCONTOS en Ribeira. Velaquí a información proporcionada polos organizadores:

QUICO CADAVAL e CÁNDIDO PAZO actuarán en Ribeira os próximos 26 e 27 de xuño ás 22.00 h. nun novidoso formato que manterá en todo momento as distancias de seguridade entre o público asistente. O «autocontos» é unha experiencia pioneira en Galicia que se fará por primeira vez en Ribeira, na Praza de España. O son dos espectáculos chegará aos espectadores a través dun dial da FM, a mesma tecnoloxía que se emprega nos autocines; deste modo os espectadores poderán gardar en todo momento as distancias de seguridade esixidas pola normativa actual de espectáculos.
O narrador será seguido por duas cámaras robotizadas que emitirán en directo nunha gran pantalla ubicada enriba do escenario para que os espectadores non perdan detalle dos seu xestos.
Haberá bonos para os dous días ou entradas individuais por día para coche ou para silla:
ENTRADA COCHE que permitirá ver e escoitar o espectáculo dende o interior do seu propio coche con capacidade máxima para ata 4 persoas (suxerimos non máis de 3) ou ENTRADA SILLA: para todos aqueles que prefiran seguir o espectáculo ao aire libre dende un espacio acotado na parte de diante do escenario, deberán vir provistos de smartphone con app de radio ou radio portátil con cascos para recibir o audio a través do dial da FM indicado pola organización.

As entradas están á venda en janproducciones.com

Web Design by nlocal