Negro Ismael no Teatro Colón

luns, 27 agosto, 2012

Tras encher o Teatro Principal no mes de marzo, Quico Cadaval leva por primeira vez "Negro Ismael" a Coruña. Será o sábado 22 de setembro no Teatro Colón (20.30 horas). Ás entradas xa están á venda na web de Servinova.

“Negro Ismael”é a historia máis singular das que compoñen o repertorio de Quico Cadaval.

Nacida nunha taberna da Ría de Arousa no século pasado leva percorrendo o mundo nos últimos 15 anos. Cadaval presentou “Negro Ismael” nos festivais de Buga, Bucaramanga, Almada, Guadalajara e Beja.

Protagonizado pola figura brillante, inocente, violenta e romántica de Ismael o Negro, o relato tamén mostra a grea portuaria daqueles anos. Estribadores, camionistas, prostitutas, policías, desertores do arado, pedreiros, mecánicos, libreiras e un meniño miope que o observou todo.

“Negro Ismael”é un exercicio de memoria no que Cadaval sai para o palco sen un texto previo, acompañado únicamente polas fantasmas da súa historia e as sombras dos espectadores.

Web Design by nlocal