Musas en Alcalá

mércores, 27 abril, 2011

"Las Nueve Musas Castellanas de Francisco de Quevedo" é un dos novos proxectos que Excéntricas vai estrear nos vindeiros meses.

Un recital poético ideado para espazos históricos e monumentais como capelas, corrais, pequenos teatros, igrexas... a cargo de Evaristo Calvo, acompañado da guitarra barroca de Fernando Reyes, un dos mellores músicos medievais e barrocos de Europa.

A estrea de "Las Nueve Musas Castellanas de Francisco de Quevedo" será o vindeiro 26 de xuño dentro da programación de Clásicos en Alcalá, nun escenario único, o Teatro de la Galera de Alcalá de Henares. Un pequeno teatro universitario situado a carón da Praza de Cervantes, que no seus orixes foi o Colegio Convento de San Cirilo de los Carmelitas Descalzos, transformado en cárcere para mulleres no século XIX e de homes no XX.

Agora, reconvertido en teatro, espera a estrea de "Las Nueves Musas Castellanas de Francisco de Quevedo".

Web Design by nlocal