Moito CARPE DIEM en novembro

luns, 4 novembro, 2019

CARPE DIEM de Rubem Fonseca retorna aos escenarios galegos neste mes de novembro. Un thriller apasionado, brasileiro, musical e cinematográfico protagonizado por María Costas, Marcos Viéitez, Víctor Mosqueira e a música en directo do sempre elegante Mon Orencio alias Mr. Cool. Todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval.

A xira de novembro é a seguinte:

- 8 e 9 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

- 15 na Casa da Cultura de A Laracha

- 22 no Auditorio Municipal de Ribeira

- 30 no Auditorio Municipal de Padrón

Web Design by nlocal