Mofa e Befa na XV Mostra das Autonomías

luns, 22 febreiro, 2010

"Shakespeare para Ignorantes" será o único espectáculo galego presente na XV Mostra das Autonomías que se celebra do 25 de febreiro ao 22 de marzo no Teatro Fernando de Rojas del Círculo de Bellas Artes de Madrid.

Nesta ocasión e conmemorando o décimo quinto aniversario da Mostra, serán 15 espectáculos de 15 Comunidades Autónomas diferentes.

Mañá 23 de febreiro, Mofa e Befa poñerán o toque de humor na presentación da devandita Mostra. Será ás 11.30 horas no Círculo de Belas Artes.

En canto a "Shakespeare para Ignorantes", chegará ao Círculo de Belas Artes o próximo 18 de marzo ás 20.00 horas.

Web Design by nlocal