Mofa e Befa inaugurán o novo auditorio do Concello de Teo

martes, 1 xuño, 2010

Mofa e Befa inaugurarán con "Shakespeare para Ignorantes", o novo auditorio do Centro Sociocultural da Ramallosa no Concello de Teo, preto ó edificio do concello.

O espectáculo será este venres 4 de xuño ás 22.00 horas.

Esta é a última actuación de "Shakespeare para Ignorantes" en Galicia antes da xira española que percorrerá Cuenca, Alcalá de Henares e Madrid.

A vindeira data do exitoso espectáculo de Mofa e Befa e maís Quico Cadaval en Galicia, será o luns 19 de xullo ás 23.00 horas na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Web Design by nlocal