Mofa e Befa en Pontevea e Moraña

martes, 27 xullo, 2010

Agora sí... Mofa e Befa estarán en Pontevea e Moraña con "Cociña Económica", tras suspender as dúas actuacións a primeiros de xullo por motivos de saúde.

O 29 de xullo "Cociña Económica" chegará á Cervecería A Senra en Pontevea, no concello de Teo, preto a estrada que une Compostela e A Estrada. A actuación comeza ás 22.30 horas.

E ó día seguinte, "Cociña Económica" estará na Casa da Cultura de Santa Lucía (22.00 horas), no concello pontevedrés de Moraña.

Web Design by nlocal