Mofa e Befa en Lugo

martes, 20 abril, 2010

O venres 23 de abril chega ó Clavicémbalo de Lugo, "Cociña Económica", un dos espectáculos máis divertidos de Mofa e Befa. A función comeza ás 0.00 horas.

 Mofa e Befa poñen os seus mandís, arremánganse e métense na cociña a facer o que eles mellor saben, que non é nin fritir un ovo nin preparar unha caldeirada de bertorella, nin tan siquera pelar patacas. Cociñan as risas que lle arrincan ao público, que asiste enganado, ás veces mesmo obrigado (todos temos compromisos ineludibles) á representación.

 Dous xeitos de cociñar diferentes: o da cociña económica, onde non se aforra nada e onde se practica a liberalidade absoluta cos ingredientes e o da cociña KaKofónica onde postos a aforrar, aforran ata nas vocais das palabras coas que explican a receita

Web Design by nlocal