Mofa & Befa rematan o verán en Narón

luns, 3 setembro, 2018

O sábado 15 de setembro, Mofa & Befa pecharán a xira de verán de Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira nun dos seus espazos favoritos, o Pazo da Cultura de Narón.

A función comezará ás 20:00 horas e podes mercar as entradas na web oficial do Pazo da Cultura.

Xa en outubro, comezara a xira de outono cas seguintes funcións:

09 de outubro estrea en Portugal no Festival Internacional de Teatro Cómico de Maia

12 de outubro en Ribeira

13 de outubro no XXXI Circuítos de Teatro de Moaña

19 de outubro en Bertamiráns

26 de outubro en Allariz

31 de outubro en Santa Comba

08 de novembro en Monforte de Lemos

11 de novembro na Pobra do Caramiñal

Podes seguir toda a actualidade de Mofa & Befa no seu facebook.

Web Design by nlocal