Mofa & Befa en Portugal, Ribeira e Moaña

luns, 8 outubro, 2018

Esta semana Mofa & Befa estarán presentes nas programacións máis importantes de outubro en Galiza e Portugal con "Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira".

O seu percorrido filosófico comezará no XXIII Festival Internacional de Teatro Cómico de Maia, unha cita inesquecible do teatro en Portugal. Unha cita onde se da cabida ao mellor teatro comico do mundo e que contará con Mofa e Befa este martes 09 de outubro ás 21:30 horas no Forum de Maia no que será a súa estrea en Portugal. Ademáis de Mofa & Befa, importantes artistas como Leo Bassi, Yllana ou o fantástico espectáculo de "Elisa e Marcela" de A Panadería se darán cita en Maia ata o 14 de outubro. Podes coñecer toda a programación no seu facebook oficial.

De Maia, Mofa & Befa viaxarán ata Ribeira para estar un ano máis na programación de outono. O 12 de outubro, ás 21:30 horas, no Auditorio e con entrada a 3€.

E acabarán a semana o sábado 13 en Moaña, participando nos XXXI Circuitos Teatráis de Moaña. A función comezará ás 22:00 horas no IES As Barxas. As entradas estarán a venda no despacho de billetes do IES As Barxas o mesmo día do espectáculo a partir das 21 h. Teñen un prezo de 4 euros e tamén haberá unha entrada reducida de 2 euros para os menores de 18 anos. Este ano as entradas só se poderán adquirir con tarxeta bancaria e un máximo de 6 por persoa.

Web Design by nlocal