Marzo intenso de Quico Cadaval

martes, 6 marzo, 2012

Moitas funcións de Quico Cadaval neste mes de marzo.

O venres 9, estará no Teatro Principal de Compostela con "Negro Ismael - Zona Portuaria". A función comeza ás 21 horas, as entradas custan 8€ e xa están á venda na billeteira do Principal.

O día seguinte, sábado 10, formará parte do 1º Ciclo de Monólogos da Asociación Cultural Tralla de Malpica. Trala función de Mofa e Befa, este sábado é o turno de Cadaval. Na Discoteca Costamar ás 23.30 horas. (6€ anticipada e 9€ na billeteira).

O domingo 11, as Fantasmas Familiares visitarán a Casa da Cultura de Vimienzo (20h).

O martes 13, dentro do Salón do Libro de Pontevedra, estará na Sala Karma.

E seguimos... venres 16, no Bonaparte de Ribeira (23h / 4€), sábado 17 no Vinilo de Silleda, domingo 25 no Clavicémbalo de Lugo e pechará un intenso mes, o venres 30 en Barrantes.

Web Design by nlocal