Máis de 5.000 Cranios Privilexiados

venres, 9 febreiro, 2018

"Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira", o novo, divertidísimo e filosófico espectáculo de Mofa & Befa superou xa a cifra dos 5.000 espectadores con tan só 17 funcións.

Trala estrea o 11 de outubro no FITO de Ourense, comezó unha xira que percorrerá toda Galiza. Xa pasou, con grande éxito por Ortigueira, Vigo, Ribadeo, Pontevedra, A Estrada, Tomiño, Cangas, Arteixo, A Guarda, O Barco de Valdeorras, Muros, Santiago de Compostela con 4 funcións, varios cheos e unha nota do público de 8,8 e Vilagarcía de Arousa.

A xira continúa do seguinte modo:

- 10 de marzo en O Carballiño (Auditorio Municipal)

- 17 de marzo en Vimianzo (Casa da Cultura)

- 13 de abril en A Coruña (Teatro Colón)

- 05 de maio en Rianxo (Auditorio Municipal)

- 11 de maio en Burela

- 2 de agosto na Illa de Arousa

- 20 de agosto en Cee

Nos vindeiros días confirmaremos novas datas.

Dous cranios privilexiados á procura de respostas, dispostos a convencernos da validez do seu método: “No perralleirismo atoparedes a verdade”.

Web Design by nlocal