Leenane en Vigo

luns, 14 novembro, 2011

"Un Cranio Furado" e "Oeste Solitario" chegan a Vigo. Nuns pocos días, podes ver as dúas obras que Excentricas fixo da "Triloxía de Leenane" de Martin McDonagh.

Este sábado 19 de novembro, representaremos o gran éxito desta temporada e gañadora de 5 María Casares, "Un Cranio Furado". Será no Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro e a función comezará ás 20.30 horas. As entradas están á venda na billeteira dixital de NovaCaixaGalicia.

Poucos días despois, o venres 25, chega "Oeste Solitario", a terceira e última parte da triloxía. O espectáculo, protagonizado por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e mais Marcos Correa estará no Auditorio Municipal de Vigo ás 21 horas. Podes mercar as entradas por anticipado na Boletería.

Web Design by nlocal