Intensa semana para Cadaval

luns, 22 outubro, 2018

Moitas e diferentes funcións terá esta semana Quico Cadaval. 

A súa viaxe comezará o mércores 24 na sede da SGAE de Compostela, onde será o protagonista de Pulso, unhas charlas vitais entre creadores e público. Comezará ás 21:00 horas e a entrada custa 5€.

Ao día seguinte viaxará ata Paiporta, preto a Valencia, para participar na 3ª edición do Festival Món de Contes. Cadaval estará por partida dobre. O xoves 25 con Fantasmas Familiares no Centre de Formación de Persones Adultes - 16:00h) e o venres 26 con Lendas Suburbanas na Biblioteca de Paiporta (22:30h).

Mais aquí non remata a semana de Cadaval pois o sábado 27 retornará a Galicia para levar os seus Inocentes á Casa da Cultura de Vimianzo. (21:00 horas) 

Web Design by nlocal