Grande éxito na estrea de Carpe Diem

luns, 4 marzo, 2019

CARPE DIEM é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos mais excitantes contos
do maior autor vivo na nosa língua: Rubem Fonseca.

O pasado 27 de febreiro estrenouse con grande éxito no Teatro Principal de Santiago de Compostela, espazo onde tivemos a oportunidade de representar dous días máis o espectáculo.
 

CARPE DIEM conta en escena con Víctor Mosqueira, María Costas, Marcos Vieitez e a música en directo de Mon Orencio alias Mr. Cool. Todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval. O deseño escenográfico e gráfico é de Ana Seone, o deseño de vestiario de Uxía Vaello e deseño de iluminación de Octavio Mas.

Tras Santiago de Compostela, a xira de Carpe Diem continuará polas seguintes cidades:

- 31 de marzo na Pobra do Caramiñal (Cine Elma)

- 7 de abril no Teatro Principal de Ourense

- 3 de maio no Auditorio Municipal da Illa de Arousa

- 9 de xuño en Sada

- 08 e 09 de novembro no Teatro Rosalía de A Coruña

- 22 de novembro no Auditorio MUnicipal de Ribeia

- 30 de novembro na Casa da Cultura de Padrón

Web Design by nlocal