Grande Éxito de Da Vinci en Compostela

venres, 24 xaneiro, 2014

Máis de 1.400 espectadores disfrutaron das 4 funcións que DA VINCI TIÑA RAZÓN! tivo no Teatro Principal de Santiago de Compostela, confirmando que a última locura de Excéntricas vai ser un dos grandes éxitos da tempada. Cun cheo absoluto en 3 funcións, tanto público como crítica entregáronse ó thriller policial, salvaxe, divertido e truculento de Roland Topor.
 
O espectáculo, dirixido por Quico Cadaval, está protagonizado por María Costas, Evaristo Calvo, María Garat, Víctor Mosqueira, Ana San Martín e mais Santi Romay. Ó elenco artístico é acompañado polo equipo de colaboradois habituais de Excéntricas con Piti Sanz á música, Kukas na escenografía, Octavio Mas na iluminación, Cloti Vaello no vestiario e Rubén G. Pedrero na produción.
 
Mais isto foi só o comenzo. A xira continúa nas seguintes cidades:
 
- 24 de xaneiro en Carballo
- 25 de xaneiro en Muros
- 16 e 17 de maio en A Coruña
- 24 de maio en Narón
- 30 de maio en Vigo
 

Nos vindeiros días iremos confirmando novas datas.

Ademáis xa están online dos críticas moi positivas do espectáculos.
 

http://www.javicamino.com/2014/01/orgia-fecal-en-el-teatro-principal-da.html

http://montsedopico.com/cronicas/da-vinci-tina-razon-ou-cando-merda-abrolla/

Web Design by nlocal