Grande Éxito de Bobas & Galegas no Festival de Almagro

venres, 18 xullo, 2014

BOBAS & GALEGAS, o novo espectáculo de Mofa & Befa en coproducción co Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro foi  o encargado de abrir o Corral de Comedias de Almagro na edición deste ano cunha grande estrea. E o resultado foi espectácular, con 4 cheos en 4 funcións e un grande apoio da crítica e do público.

Bobas & Galegas...

Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa&Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare.

Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. ¿Quen é a víctima?

O inocente teatro clásico español.

Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. Tanto lles da a redondilla como o romance, aínda que non lles fan ascos ao agridoce sabor da silva.

¿Cales son as súas armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos.

Poden transformarse, para lograr os seus fins, en anxos ou demos, cabaleiros ou bufóns, bobas ou galegas.

Web Design by nlocal