Grande éxito das vistas teatralizadas ao Pazo de Fefiñans

luns, 17 xuño, 2019

Neste 2019, como ben sabedes, Excéntricas celebra o seu 15º aniversario e ademáis de estrear ata 5 espectáculos (ainda queda por estrear "Medida x Medida" de William Shakespeare o 4 de outubro no FIOT), abrimos novos horizontes e novas liñas de traballo, sendo o turismo un campo fundamental no traballo escénico da nosa compañía. Xa tivemos experiencias anteriormente con os Roteiros de Cadaval ou a presenza de Mofa & Befa en Expomilano 2014, mais agora, neste importante ano, queremos consolidar esta nova actividade.

E comezamos ao grande, cunhas visitas teatralizadas (8 & 9 de xuño) al Pazo de Fefiñáns, en colaboración coa Asociación Ruta do Viño Rias Baixas co motivo das VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño.

As actuacións de Josito Porto e Víctor Mosqueira, con guión de Rubén G. Pedrero acompañaron e deron o punto histórico e lúdico as guías oficiais da Bodega Gil Armada e do Pazo de Fefiñáns. 4 pases, con 20 espectadores por pase, todo vendido dende días antes, e gran repercusión na prensa, fixeron deste evento un grande éxito que queremos repetir neste e noutros espazos.

Web Design by nlocal