Fin de xira de A Cabeza do Dragón

mércores, 29 novembro, 2017

No mes de decembro, rematará a xira 2017 de A Cabeza do Dragón, un dos grandes espectáculos da temporada e todo un acontemecento cultural en Galicia. Tras máis de 40 funcións, o espectáculo protagonizado por Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Marcos Orsi e Quico Cadaval despídese nas seguintes cidades:

- Venres 1 de decembro no Teatro Colón de A Coruña (20:30h) - Entrada de balde con convite. Os convites poden ser recollidos na billeteira do teatro Colón ou na web de Entradas A Taquilla.

- Sábado 2 decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro (20:30h)

- Sábado 9 de decembro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Entradas á venda en www.entradaslugo.es

Mais isto non é unha despedida. O dragón estará a durmir mais o 9 de marzo retomará o seu voo no Teatro Jofre de Ferrol e está a preparar xira nacional e internacional.

Web Design by nlocal