Fin da xira de "A Cabeza do Dragón"

venres, 21 setembro, 2018

O sábado 29 de setembro, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa pechará a exitosa xira de "A Cabeza do Dragón" de Valle-Inclán.

Máis de 40 funcións dende a súa estrea o 3 de marzo de 2017, 4 María Casares, máis de 20.000 espectadores e unha ledicia infinita por ter feito un espectáculo que gustou ás crianzas e aos adultos.

A derradeira loita co Dragón comezará ás 21:00 horas e con prezos populares. Tan só 5€ e ademáis, entradas de balde para maiores de 65 anos, estudantes (con carne xove) e desempregados (coa traxeta do desemprego). Podes mercar as túas entradas premando no enlace.

Unha épica loita final... ou non, porque din que o dragón é un ser inmortal e quen sabe, quizá, algún día vexamos outra vez  o seu voo polos celos de Galiza.

Web Design by nlocal