Fantasmas en Zaragoza e Bilbao

xoves, 22 setembro, 2011

As "Fantasmas Familiares" de Quico Cadaval visitan esta semana as cidades de Zaragoza e Bilbao.

O venres 23 de setembro ás 20 horas, Quico estará no Centro Joaquín Roncal de Zaragoza dentro da programación do Ciclo Historias Entrelazadas que programa a Fundación CAI.

Ó día seguinte, sábado 24, as Fantasmas chegarán ó Museo de Reproduccións Artísticas de Bilbao onde celébrase o Festival BlaBlaBla a partir das 16.30 horas. Un festival que contará coa participación, ademáis de Quico Cadaval, de Pepu Saizprez, Los Torreznos e Miguel Nogueira. As entradas custan 3€ e poden comprarse na billeteira do Museo a partir dás 16 horas do sábado.

Web Design by nlocal