Éxito na estrea de OESTE SOLITARIO

xoves, 13 outubro, 2011

Máis de 1.000 espectadores encheron as 3 funcións de OESTE SOLITARIO, o novo espectáculo de Excéntricas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela durante os días 10, 11 e 12 de outubro.
 
As vindeiras citas cos Irmáns Connor (interpretados por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira), o Padre Welsh (Marcos Correa) e Girleen (María Lado), todos eles baIxo a dirección de Quico Cadaval, serán na Mostra das Artes Escénicas de Galicia o xoves 20 de outubro no Teatro Principal, o 22 de outubro no FIOT de Carballo, o 24 de novembro no Teatro Colón da Coruña e o 25 de novembro no Auditorio Municipal de Vigo.

Web Design by nlocal