Exitazo na Mostra de Ribadavia

martes, 20 xullo, 2010

¡900 espectadores!... cheo total de Shakespeare para Ignorantes onte no  auditorio do castelo de Ribadavia dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Ata o día de hoxe, o espectáculo de Mofa e Befa e máis Quico Cadaval é o que máis público tivo na edición deste ano da Mostra, confirmándose que Shakespeare para Ignorantes é o espectáculo con maior número de espectadores en Galicia en 2010.

Web Design by nlocal