Excéntricas na XXXVI Mostra de Cangas

xoves, 27 xuño, 2019

Gran representación de Excéntricas na XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, unha das mellores citas do teatro galego.

Nesta ocasión, e conmemorando o 15º aniversario de Excéntricas, ata 3 producións estarán no programa da Mostra.

Quico Cadaval será o encargado de abrir a Mostra co pregón inaugural o venres 28 de xuño ás 22:30 horas no Auditorio Municipal.

domingo 30, mesma hora, mesmo lugar, chegará Carpe Diem de Rubem Fonseca, con María Costas, Marcos Viéitez, Víctor Mosqueira e a música en directo de Mon Orencio alias Mr. Cool.

E o martes 2 de xullo, haberá triple representación... ás 12:30 horas na Capela do Hospital, coloquio ca equipa artística de Carpe Diem en colaboración coa Revista Galega de Teatro.

As 20:30 horas, estrea da versión de rúa de Cartoóns na Alameda Vella. E remataremos este grande día con Vacas, Guerras, Porcos e Cregos de Cadaval no Auditorio (22:30h).

Mais na XXXVI Mostra hai moito máis teatro e moitas máis actividades. Podes ver o seu fantástico programa, premando no enlace.

Web Design by nlocal