Excéntricas en Cuenca

martes, 8 xuño, 2010

Esta semana Producións Teatráis Excéntricas é protagonista en Cuenca e na Bienal Internacional de Teatro de Actor.

O martes 8, Quico Cadaval presentará "Fantasmas Familiares" no Café La Comedia. O espectáculo comeza ás 23.00 horas.

E o xoves, tócalle o turno a Mofa e Befa con "Shakespeare para Ignorantes", no auditorio conquense ás 20.30 horas.

Mais non son ás únicas actuacións fora de Galiza xa que o 29 e 30 de xuño, "Shakespeare para Ignorantes" estará no festival Clásicos en Alcalá onde farán un espectáculo moi especial, con música shakespeariana en directo, a cargo do pretixioso músico, Fernando Reyes.

Web Design by nlocal