Excéntricas, candidata e finalista nos Max e nos María Casares

domingo, 1 marzo, 2020

Medida x Medida é candidata aos Premios Max 2020 nas categorías de Mellor Adptación (Quico Cadaval) e Mellor Composición Musical (Bernardo Martínez).

E non so nos Max... dúas das producións Excéntricas de 2019 foron recoñecidas pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia como finalistas aos premios María Casares.

Cartoóns, o primeiro espectáculo familiar de Excéntricas, en coprodución con Teatro de Adro, é finalista na categoría de Mellor Espectáculo Infantil.

Medida x Medida ten 3 finalistas, os tres na mesma categoría, Mellor Actor Secundario. Así que o premio será para Víctor Mosqueira, Josito Porto ou Santi Romay.

A gala dos María Casares celebrarase o vindeiro 26 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña e a gala dos Max o 29 de xuño.

Web Design by nlocal