Estra Mundia de Cartoóns en Rianxo

martes, 9 abril, 2019

Como ben sabedes, neste 2019 estamos a celebrar o noso 15º aniversario e tal e como anunciamos no seu momento, iba ser un ano cheo de estreas. Tras "Vacas, Guerras, Porcos e Cregos" de Quico Cadaval (8 de xaneiro en Madrid), Tres Vellas, polo menos (16 de febreiro en Vimianzo) e Carpe Diem (27 de febreiro en Santiago de Compostela), esta semana chega unha das estreas más importantes do ano... CARTOÓNS, o primeiro espectáculo infantil na historia de Excéntricas, en coprodución con Teatro de Adro.

CARTOÓNS é un proxecto creado na súa totalidade por Víctor Mosqueira e Josito Porto coas colaboracións de Kukas (na escenografía e no deseño gráfico), Quico Cadaval (na dirección) e Pepe Quintela (na iluminación). Un espectáculo de estilo clown e musical, de 60 minutos de duración dirixido especialmente a nenos de 4 a 12 anos, sen esquecer a todo tipo de público familiar. É dicir, que CARTOÓNS é para todas as idades.

A grande estrea mundial, será este sábado 13 de abril ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Rianxo, con entrada de balde ata completar aforo.

Ao día seguinte, domingo 14 de abril, haberá unha nova función de CARTOÓNS, nesta ocasión nunha das nosas citas anuais favoritas, o festival do Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui que nesta 7ª edición contará con noso espectáculo e co grande Pepe Viyuela (o 4 de maio). A función será ás 19:00 horas no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda), o prezo das entradas é de 5€ (3€ para nenos e nenas de 3 a 12 anos) e os fondos recaudados serán destinados ao programa "Vacacións en Paz". As entradas están á venda en Ticketea e o día da función na billeteira do Auditorio.

Trala estrea de Rianxo e a función en Bandeira, as primeiras datas confirmadas de Cartóons son:

10 de maio na Illa de Arousa

02 de xullo na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

21 de setembro na Pobra do Caramiñal

Web Design by nlocal