En Veu Alta 2014

mércores, 28 maio, 2014

O Festival En Veu Alta 2014 celebrarase dende o 30 de maio ao 8 de xuño, en Vilafranca del Penedés (Barcelona); no cal estará Quico Cadaval cas súas obras “Fantasmas Familiares” e “Edipo”.

A primeira será o 30 de maio ás 21:00h no Cementiri de Vilafranca e ao día seguinte “Edipo” ás 22:30h en Ciarga no Refugi del Serral.

“Fantasmas familiares” é un espectáculo de narración oral no que xurdiu a través de historias da tradición oral mesturado con experiencias persoais de artista. A segunda é un dialogo que trata sobre o mito de Edipo dende a visión dunha cociñeira que vai revelando a súa receta da carne asada.

Neste festival tamén estarán artistas como Montse Terrades, Adolfo Osta i Manel Segarra, Oriol Llavina ou Toni Regueiro. Para máis información podes visitar a súa páxina web, www.enveualta.com

Web Design by nlocal