Emocionante noite do Dragón co TAC

mércores, 4 xullo, 2018

Non hai palabras para definir a emoción do Dragón vivida o venres 29 de xuño no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela coa música en directo de Javier María López interpretada polo TAC (Taller Atlántico Contemporáneo)

Meses de esforzos e traballos para unha noite única e inesquecible que foi posible grazas a unha grande equipa artística e técnica e un público que nos fixo voar ao reino de Micomicón.

O Dragón está a durmir, mais o 19 de agosto voará de novo sobre o ceo de Cee e o 29 de setembro por Vilagarcía de Arousa.

Web Design by nlocal